XESTIÓN DO PSTD “ET EDENDO LUCUS”

SERVICIO DE XERENCIA E ASISTENCIA TÉCNICA DO PSTD DO CONCELLO DE LUGO “PSTD…ET EDENDO LUCUS: UN PERCORRIDO HISTÓRICO POLA ENOGASTRONOMÍA”

Concello de Lugo: 2024-2026

No marco do Plan Territorial Enogastronómico de Galicia (Fondos Next Generation), o Concello de Lugo asinou coa Xunta de Galicia un convenio para o desenvolvemento do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino “Et edendo Lucus: un percorrido histórico pola enogastronomía”. Un plan cun total de 14 actuacións e un orzamento de 2M € para a posta en valor dos recursos e a creación de produto arredor da enogastronomía de Lugo que, que, entre outras accións, contempla a recuperación da ‘Fábrica da Luz’, na ribeira do Miño para acoller un centro de enogastronomía.