Xornada de Patrimonio Industrial de Ferrolterra

XORNADA DE PATRIMONIO INDUSTRIAL DE FERROLTERRA

Mancomunidade de concellos da comarca de Ferrol: 2024

Organizamos a I Xornada de Patrimonio Industrial de Ferrolterra. Deseñamos un programa con interesantes relatores como Manuel Lara (Asociación BUXA), M. Begoña Bas (Universidade da Coruña) e Lorena Cuevas, abordando temas como a industria en Ferrol, os muíños de Ferrolterra e a construción naval. Ademais, presentáronse casos de boas prácticas, con Concepción Fernández (Fundación Ciudad de la Energía-CIUDEN, cos casos de La Térmica Cultural e La Fábrica de Luz. Museo de la Energía) e Inés Gil (Desenvolvemento Local Oscos-Eo) compartindo as experiencias de Ponferrada e Taramundi.

Na secretaría técnica da xornada, tamén xestionamos a loxística, a coordinación, creación de material divulgativo, e difusión a través das redes sociais e de retransmisión en streaming.

Para complementar as conferencias, organizáronse visitas guiadas ao Muíño das Aceas de Xuvia e ao Centro de Interpretación dos Muíños Industriais do Xuvia (CIMIX), permitindo aos participantes coñecer de preto exemplos do patrimonio industrial da comarca.